A Xunta autorizou dragar a Ría de Ferrol en contra dos seus propios informes ambientais

Un informe do Servizo de Conservación da Natureza, dado a coñecer por Adega, consideraba esa actuación "ambientalmente incompatíbel coa conservación dos hábitats e especies presentes"
Ría de Ferrol
photo_camera Ría de Ferrol

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) vén de dar a coñecer un informe técnico do Servizo de Conservación da Natureza que lles achegou o Valedor do Pobo dentro do proceso aberto polo colectivo logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol".

O informe, que Adega afirma que foi "reiteradamente ocultado pola Xunta", considera o dragado "ambientalmente incompatíbel coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000.

A asociación denuncia que, "primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos". Logo de comenzadas as obras, "a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente".

Recomendaba non facer as obras

E finalmente, incide Adega, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, "curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción".

Comentarios