A solidariedade cos estafados polas preferentes escenifícase esta sexta feira en Pontevedra

A manifestación nacional convocada polo Concello de Pontevedra comezará ás 20:30 na Praza da Ferreiría e conta co apoio de numerosas plataformas de afectad@s  

Concentración Preferentes en Lugo

Pontevedra acollerá hoxe o que todo apunta que será unha mobilización masiva e multitudinaria. A cita é ás 20:30 horas na Praza da Ferreiría da cidade do Lérez. É a “manifestación nacional” convocada polo Concello de Pontevedra en apoio e solidariedade para cos milleiros de galeg@s afectados pola estafa das preferentes e subordinadas.

O alcalde, Fernández Lores, sinalara que a decisión de convocar esta manifestación prodúcese após a Secretaría de Estado de Economía ter cancelado de xeito unilateral e sen maiores explicacións a xuntanza acordada para o 13 de maio co Concello de Pontevedra.

Desde o goberno local pontevedrés sospeitan que o motivo da suspensión 'sine die' da xuntanza pódese deber a que Lores ía acudir ao encontro con representantes de plataformas de afectad@s.

“Cancelación inaudita”

Fernández Lores cualificou esta cancelación como unha “medida inaudita” coa que non se topou nos 14 anos que leva á fronte do Concello. Aliás, entende que supón unha “falta de respecto” por parte do goberno español para cos milleiros de afectad@s polas preferentes. “Non se atreven a dar a cara”.


 

Comentarios