A sección Quiosque disponibiliza o semanario en papel desde o primeiro número

Abrimos hoxe a sección Quiosque, onde disponibilizamos as entregas do Sermos Galiza en papel, desde o primeiro número, editado á altura de xuño de 2012.

Pomos así na na rede o único semanario impreso na nosa lingua, a obra dunha redacción e dun nutrido grupo de colaboradoras/es que teñen como único propósito o de contar a realidade desde unha perspectiva inequivocamente galega e en galego.

Iremos achegando todos os números, cunha distancia temporal entre o momento da súa aparición no quiosque e da súa aterraxe nesta sección non inferior a dous meses (os números de febreiro aparecerán aquí en Abril, etc).

Somos d@s que pensamos que a rede e os quiosques, internet e o papel, están chamados a manter unha interrelación de enriquecemento fecundo e con esa idea traballamos quer  @s redactores quer @s colaboradoras/es que elaboramos Sermos Galiza.

Haberá unha distancia temporal de 2 meses entre a aparición no quiosque e a publicación na web

A rede ten o atractivo do imediato, o lóstrego do tempo real. O papel, o engado da análise e tamén do produto único, material e tanxíbel.

Nesta sección poderedes gozar dunha e doutro.


Comentarios