A presa independentista María Osorio fica en liberdade após un ano presa sen xuízo

A independentista María Osorio ficou en liberdade provisoria con cargos mais sen fianza. Osorio, que se atopaba na prisión de Villabona (Asturies), fora detida en decembro de 2011 nun operativo das Forzas de Seguridade acusada de pertenza a Resistencia Galega.
Maria Osorio
photo_camera Maria Osorio

María Osorio levaba presa desde decembro de 2011, cando foi detida en Lugo xunto co seu compañeiro Antom Santos polas Forzas de Seguridade do Estado nun operativo contra Resistencia Galega, --malia que a detida aseguraba non pertencer a devantida organización-- e polo que a ambos os dous lles foi aplicada a Lei Antiterrorista. 

A veciña de Becerreá estaba actualmente na prisión asturiana de Villabona, após o seu paso por outras cadeas españolas. María Osorio non foi xulgada nestes catorce meses en prisión. 

Osorio ficou en liberdade provisoria, sen fianza, mais mantendo os cargos que lle imputan

O seu compañeiro Antom Santos, detido canda ela, permanece preso sen xuizo na cadea española de Aranjuez, a 650 quilómetros de Galiza en aplicación da Lei Antiterrorista.

Comentarios