Viaxe de Feijóo a México visto por prensa azteca: “Político vinculado con narco visita a Peña Nieto”

A prensa mexicana faise eco estes días, co gallo da visita do presidente da Xunta ao país azteca, do escándalo das súas fotografías con Marcial Dorado. “Foron amigos. Un acabou de presidente e outro no cárcere por narcotráfico”

Feijoo mexico

López Nieto, presidente de México, non mantivo unha reunión co seu homólogo en Galiza. Senón cun “político vinculado cun narco”. O xornal La Vanguardia titula así a noticia do encontro. E, aliás, engade a fotografía de Feijóo e Dorado no iate.

O titular do medio mostra até que punto as fotografías de Feijóo co narco da Illa de Arousa calaron a nivel internacional. Feijóo é o presidente amigo dun narco. E Galiza é, pois, o país que ten de presidente aoamigo dun narco. Co que a palabra narco implica nun país como México

“Foron amigos. Un acabou de presidente e outro no cárcere por narcotráfico”

“Escándalo en Europa”

O xornal mexicano informa aos seus milleiros de lectores que Feijóo “está envolto nun escándalo en Europa após que o 30 de marzo se revelasen as fotos nun iate cun narcotraficante”.

“Foron amigos durante uns anos e un acabou á fronte do goberno galego e o outro no cárcere por narcotráfico”, recollen neste diario.

Para La Vanguardia, non hai dúbida respecto quen era Marcial Dorado na época das fotografías: “Un histórico contrabandista. Xa entón Dorado era moi coñecido polas súas actividades como un dos xefes do contrabando en Galiza”

Amigos, amigos

“A relación (de Feijóo e Dorado) incluiu invitacións a casa e barco, alén de viaxes que realizaron xuntos”. E todo iso “cando Feijóo desenvolvía altos cargos na administración”.

Comentarios