A policía francesa detén seis persoas ás que vencella con ETA

Nunha tripla operación policial a xendarmería detivo esta terza feira a seis persoas ás que vincula coa organización vasca. 

A operación policial tivo lugar es diversos puntos da xeografía francesa nun triplo operativo. Segundo informan diversos medios de comuniación, a policía francesa tería detido a 6 persoas vascas ás que vincula coa organización ETA. 

Os dispositivos foron levados a cabo coa axuda da Garda Civil española e poderían continuar ao longo da xornada con rexistros domiciliarios en múltiples moradas. O ministro español de Interior comparecerá esta terza feira para valorar a operación. 

Comentarios