A nosa danza mira para o mundo no Día Internacional

Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago -colectivo XOC- própóñenlle á Xunta que promova a candidatura do noso baile tradicional para Patrimonio Inmaterial da Humanidade

danza
photo_camera danza


Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago -colectivo XOC- própóñenlle á Xunta que promova a candidatura do noso baile tradicional para Patrimonio Inmaterial da Humanidade. A través dun comunicado destacan a extraordinaria riqueza do baile tradicional que, ao seu ver, “debe ser conserv ado, dignificado e transmitido a través de todas as canles posibles”.  Consideran que debe tomar parte na lista de patrimonio inmaterial da UNESCO e, con este obxectivo, propóñenlle á Xunta que promova a candidatura “sabendo que para acadar o éxito é indispensábel a implicación do goberno de Galiza” 

A voltas co baile 

O Museo do Pobo Galego conmemora o Día Internacional do Baile do día 29 coa xornada formativa “A voltas co baile: valse, rumba e Pasodobre. Bailes de aquí e acolá”, organizada polo departamento de didáctica o sábado día 27. A evolución e o cambio de bailes populares americanos e europeos será o cerne desta actividade que nos achegará ao valse, a rumba e o pasodrobre, “tres bailes de aquí e acolá”. Profesor de música e baile tradicional, estudoso do noso folclore e bailarían, dirixirá a xornada. 


De roda en roda, o libro dos bailes 

A muiñeira galega entre a esku dantza navarra e a hora ca la Caval de Romanía  son tres das danzas que se recollen no libro De roda en roda (Galaxia) na que se recompilan máis de vinte maneiras de bailar de todo o mundo. 

Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil asinan un libro no que se recollen máis de vinte pezas tradicionais de diversas partes do planeta coas súas músicas orixinais, gravadas nun CD, máis un DVD “para que ninguén quede sen bailar”. 

Trátase, pois, dunha viaxe polo mundo a través da maneira de se expresar co corpo a través da música, de Rusia a  Bulgaria, Bretaña a Italia ou a Alsacia a Flandres. 

Esquema, baile e instrumentos son os apartados dedicados a cada un dos bailes. Infórmanos, na muiñeira, de que estamos diante dun baile improvisado no que se vai seguindo ao guía con variedades como a carballesa, a ribeirana e a chouteira. En cada unha das danzas o bailes, fornécenos de información para converter a vida en danza, ou, para se se dar a oportunidade, experimentar cunha funga alafia de Liberia ou unha sternpolka de Alamaña. 

Comentarios