A ministra Ana Pastor nega na RG que vaian desaparecer liñas de tren

A ministra de Fomento, Ana Pastor, negou na entrevista deste domingo na Radio Galega que vaian desaparecer liñas de tren. Pastor asegurou que no 2018 o AVE chegará a Galiza e que o obxectivo é comunicar todas as cidades. 

Ana Pastor negou que se vaian pechar liñas de tren e sinalou que a alarma se debe a “un informe que non ten nada que ver coa relidade”. Contra ese debate, a ministra destacou a existencia desde hai doce meses dun “tren híbrido” que percorre nunha hora menos o traxecto de Madrid a Galiza e que fixo, segundo dixo, que o tráfico medrara nun  nun 53% así como o tren único que comunica Galiza e Portugal, sen fronteira no traxecto. A preguntas, en concreto, pola liña Coruña-Ferrol, Vigo-Ourense e Ourense- Ponteferrada que están no debate polo anuncio da súa desaparición, a ministra puntualizou que se ían manter, iso si, sen parar nalgunhas estacións “nas que ás veces só subía unha persoa ou ningunha”. Asegurou que o AVE chegará a Galiza en 2018 mais sen as estacións “faraónicas” impropias para un tempo de crise.

Comentarios