A decisión de Feijóo de recortar o salario do funcionariado elevaría a un 23% a tesourada na nómina en tres anos

A Xunta procederá en 2013 a un novo recorte dos salarios d@s empregad@s públicos, recorte que podería ser do 7%. Unha tesoirada a sumar ás rebaixas nas nóminas aprobadas no seu momento polos gobernos de Rajoy e Zapatero e que fan que nestes tres anos o persoal público pedera unha cuarta parte do seu soldo.
sindicatos

Os recortes sobre as nóminas dos e das empregadas públicas non ten fin. Por moito que desde os gobernos, central e autonómico, anuncien, coa visión no curto prazo, que os sacrificios do funcionariado axiña han rematar. Agora, vense de coñecer que en 2013 haberá unha nova tesoirada nos salarios do persoal das administracións públicas. Pola volta dun 7%, procentaxe que a Xunta nin confirma nin desminte á spera de que esta sexta manteña unha xuntanza cos sindicatos sobre o tema. As centrais xa anunciaron o seu rexeitamento e oposición frontal a calquera novo recorte, alertando da precarización salarial dos traballadores e traballadoras da área pública, alén dos efectos desta medida sobre o consumo e, xa que logo, na reactivación económica.

De confirmarse finalmente que este recorte será do 7%, as nóminas do funcionariado terán recibido unha boa machetada nestes tres anos: a eliminación da paga extra de Nadal decidida por Rajoy xa supuxo un recorte do 7%, que se viña engadir á rebaixa na nómina dun 5% aprobada no seu día polo goberno Zapataero. Así pois, e como lembran as centrais, un 23% de rebaixa nos soldos nestes tres anos.

Os sindicatos lembran que Feijóo afirmara desde a precampaña electoral do 21-O que non ía haber máis recortes nas nóminas. Mais agora sae con esta tesoirada, que trá un efecto directo en máis de 90.000 empregad@s. As centrais consideran que si vai haber recorte ("tras estes ruxes ruxes sempre hai un proxecto de lei") mais non se aventuran a dicir cal será a envergadura do mesmo.

Impacto

A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais cortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo vén sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só ese sector mais tamén outros como o do comercio. Institucións como o concello de Pontevedra mostraron a súa “insubmisión” á eliminación da paga extra decretada desde Madrid.

Comentarios