A liña de tren A Coruña-Ferrol en perigo de desaparición

A privatización dos servizos ferroviarios e o anuncio de peche de liñas non rendíbeis anunciado polo goberno de Rajoy pon en perigo a conexión por tren entre A Coruña e Ferrol. O BNG xa mostrou o seu rexeitamento.


A publicación no BOE do real decreto no que se anuncian novas medidas de recortes e privatización en materia ferroviaria pon en alerta ao BNG sobre as consecuencias que pode ter na Galiza. O propio texto inclúe a previsión de que Fomento leve antes de fin de ano ao Consello de Ministro un estudo de viabilidade das diferentes liñas para avaliar a súa continuidade.


Para o BNG da Coruña, alén do encarecemento e a perda de calidade do servizo suporía a eliminación do itinerario da Coruña a Ferrol e pon en risco a que comunica a cidade con Monforte. Segundo denuncia a formación nacionalista “estes recortes perxudicarán, sobre todo, a traballadores e traballadoras e ao estudantado, os colectivos que máis empregan este medio de transporte”.

Comentarios