A 'Irmandiña' vence 3-2 á selección curda, nunha xornada en que Galiza e Curdistán gañaron como nacións

A selección galega venceu, por tres tantos a dous, ao Curdistán, no partido xogado na Xunqueira, en Pontevedra. Mais o resultado foi o de menos nunha xornada na que deporte, festa e reivindicación déronse a man.
Galiza-Curdistán
photo_camera Galiza-Curdistán

Gañou a selección galega no campo de xogo, 3-2; mais Galiza e Curdistán gañaron ambas as dúas con só saltar ao campo, ao deixar clara a súa vontade de exitir como pobos en todos os eidos, tamén o deportivo. Foi unha xornada de reivindicación, de festa e de solidariedade. @s afeccionad@s galegos non pararon de berrar palabas de orde solidarias co Curdistán. Os xogadores curdos saltaron ao campo cunha faixa en apoio a Ocalan, o líder do PKK preso en cárceres turcos. Os galegos, portaron a bandeira galega coa estrela.

Antes de comezar o partido, fíxose entrega dun galardón ás vogadoras galegas que levan cinco anos consecutivos gañando a regata de traiñeiras da Concha. Toda unha fazaña. E xa antes, houbo actividades diversas, manifestación incluida para reclamar a oficialidade da selección galega.

E tras o partido, concerto e festa. Todo iso, tamén presidido pola reivindicación nacional.

Vídeo e Fotos de GZvideos

Comentarios