Unha capa de La Gaceta apunta directamente a Rajoy

As redes ferven neste momento cunha capa do xornal dereitista La Gaceta que apunta directamente a Rajoy como beneficiario de viaxes gratuítas a conta da trama Gürtel. "A Rajoy tamén lle pagaron as viaxes", reza o titular a toda plana.
La Gaceta
photo_camera La Gaceta

Non cesa a ofensiva do sector máis ultra da dereita mediática española contra Rajoy. A última hora desta noite, as redes sociais rebulían coa capa do xornal La Gaceta, do grupo Intereconomía, que esta segunda feira estará nos quiosques. O titular é demoledor para o presidente do Goberno español. "A Rajoy tamén lle pagaron as viaxes". E engade: "A súa muller, o seu fillo e unha asistenta persoal voaron en clase bussines a Las Palmas, co diñeiro de Gürtel". O de "tamén" alude a que pretensamente a ministra de Sanidade tería viaxado identicamente debalde a conta da trama Gürtel.

La Gaceta publica hoxe un editorial intitulado "A dereita española merece algo máis".

Na súa intervención ante a dirección do PP deste pasado sábado, Rajoy deixou entrever que existe unha conspiración na súa contra, orquestrada polos que quererían "pescar en río revolto".



Comentarios