A greve en Galiza, con máis seguimento que no Estado

Cun seguimento de perto do 90% Galiza é dos territorios con maior concorrencia a esta xornada de loita. As organizacións sindicais sentenzan cun "éxito rotundo"

15.000 persoas percorreron as rúas de Vigo contra a LOMCE
photo_camera 15.000 persoas percorreron as rúas de Vigo contra a LOMCE

Aulas baleiras e masivas mobilizacións. A xornada de greve en Galiza deixa perto do 90% de seguimento --segundo os sindicatos. En troca no Estado español fíxase nun 60%.

Dez mobilizacións perocrreron as rúas do país contra a aprobación do anteproxecto de lei de reforma educativa. Ao berro de "demisión" @s manifestantes exixiron a saída de José Ignacio Wert do Ministerio de Educación e reivindicaron o dereito a un "ensino público, galego e de calidade". 

Desde as centrais sindicais denunciaron máis unha vez o "modelo privatizador" que recolle a iniciativa e exixiron a retirada da mesma. Pola contra, desde a Xunta de Galiza apelaron "ao diálogo" e cifraron nun 18% o seguimento á greve. Porén, a asistencia ás mobilizacións convocadas esta mañá pola Plataforma  galega en defensa do ensino público deitou cifras ben distintas ás manexadas pola administración galega. 

((Máis información deseguido))

Comentarios