A cultura de base homenaxe os Mártires de Carral

A Agrupación Cultural O Galo, xunto coa Asociación Lúa Chea de Teo e Vagalumes da Estrada homenaxearán o sábado 27 de abril os Mártires de Carral, cun roteiro e un acto final diante de San Martiño Pinario, en Compostela. 

Manuel Lugris Freire intervindo nunha homenaxe aos mártires de Carral en 1931 (Foto: RAG).

Algúns foron fusilados en Carral o día 26 de abril, outros marcharon para o desterro. A súa revolución quedou, no entanto, na memoria colectiva do pobo galego e os espazos polos que a súa loita se desenvolveu son agora lugares de homenaxe aos protagonistas daqueles acontecementos “que encheron Galiza de arelas de liberdade”. 

O programa que artellaron as tres asociacións pertencentes á Federación Galiza Cultura percorre eses mesmos espazos para rematar en San Martiño Pinario, na homenaxe que se lle tributará ás 18.00 horas, no lugar onde se desenvolveu o seu último ponto de resistencia. 

A convocatoria, malia ser o de Compostela o acto central, marca o seu inicio ás 12.00 horas, con saída do Campo de Conxo para Cacheiras, percorrendo o Roteiro da Batalla de Cacheiras na que se lembrará a epopea daqueles que querían liberar Galiza do asoballamento que padecía como “colonia da Corte”. 

Comentarios