A conselleira dos cuase 300 mil parad@s cre que a xente non ten máis fill@s non por falta de emprego, senón de estabilidade emocional

Que Galiza camiñe cara aos 300.000 empregados con ela como conselleira de Traballo non é para Beatriz Mato a principal causa de que o noso país atravese unha profundísima crise demográfica.

Bea Mato
photo_camera Bea Mato

De acordo coa tese da conselleira de Traballo, apoiada nun inquérito sociolóxico encarregado polo Instituto de Política Familiar, @s galeg@s non se animan a teren máis fill@s non pola falta de traballo, senón por non teren unha suficiente "estabilidade emocional".

En declaracións á axencia Efe, Beatriz Mato afirmou literalmente: "A causa [de as parellas galegas só teren como media 1,07 fill@s lonxe dos 2,1 precisos para garantir o reemprazo xeracional] non é o traballo, é a estabilidade emocional. Dío esa enquisa á que nos agarramos, que iso é o que máis falta. 1.400 persoas é unha mostra ampla".

O inquérito realizouno o pasado ano o Instituto de Política Familiar sobre unha base de 1.400 casos sociolóxicos (entrevistas a persoas entre os 18 e os 65 anos).

Beatriz Mato laiouse de que nen sequer superan os 2 fill@s as parellas que dispoñen dun maior nível económico.

A conselleira mostra a súa admiración perante o feito de o 86 por cento dos inqueridos afirmaren que non pasarían de teren dous fillos nen vivindo na mellor das situacións, ou sexa, "tendo equilibrio emocional e todos os recursos que precisan para a súa vida ser plena, isto é, sociais e económicos".

A taxa de fecundidade en Galiza está en 1,07 fill@s, cando a precisa para garantir o reemprazo xeracional está nos 2,1 fill@s

O caso é que a taxa de fecundidad en Galiza está en 1,07 fill@s, practicamente a metade do preciso para garantir o non retroceso demográfico. Isto significaría, tendo en conta as palabras da conselleira, que a inmensa maioría das parellas galegas non se achan "na mellor das situacións".

Embora ser a conselleira encarregada de promover políticas que resulten na criación de emprego, Beatriz Mato pon o acento na "estabilidade emocional" e non na criación de "postos de traballo".

Nesta mesma entrevista, interpelada sobre cando se voltará a criar emprego neto, Mato móstrase moi ambigua e adía a recuperación do mercado laboral até o momento de a economía galega medrar por enriba do 1,8 por cento. Unha taxa que muito probabelmente non se poderá alcanzar até alén de 2015.

Comentarios