A comisión da ILP contra a incineración e pola reciclaxe toma voz no Parlamento europeo

O BNG realiza estes días no Parlamento europeo as xornadas 'Máis alá da reciclaxe: Boas prácticas na xestión de residuos na UE', nas que toma parte, entre outros, a Comisión promotora da Iniciativa Lexislativa popular (ILP) contra a incineración e pola reciclaxe representando a Galiza
inineracion non reciclaxe si

Máis alá da reciclaxe: Boas prácticas na xestión de residuos na UE son as xornadas impulsadas polo BNG a través do grupo Verdes/ALE do que forma parte na Cámaraconta coa prenseza de organizacións ecoloxistas, expertos en medioambiente e responsábeis de proxectos de xestión de residuos en diferentes estados membros.

Aliás, nas mesmas tamén están presentes divers@s eurodeputad@s e o propio responsábel de Medioambiente da Comisión Europea, o esloveno Janez Potocnik.

 Galiza ofrecerá a súa visión

A finalidade destas xornadas, informan desde a fronte nacionalista, é analizar "cales son as mellores alternativas para unha xestión dos residuos eficiente e respectuosa co medioambiente".

Neste foro Galiza estará presente a través dunha representación da Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular contra a Incineración e pola Reciclaxe, convidada polo BNG ás xornadas para poder expoñer a súa proposta na Eurocámara, proposta que tamén entregarán ao comisario de Medioambiente.

 A delegación galega estará integrada polo catedrático da Universidade da Coruña, Manuel Soto, Celestino Quintela, da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, María Rodríguez, responsable de Adega, Xosé Manuel López, da Plataforma Incineradora No Deza Non, Marta Domínguez, técnico do Complexo Medioambiental de Tratamento de RSU da Mancomunidade de Concellos do Barbanza e Rocío da Igrexa, portavoz municipal do BNG no Concello de Cerceda que alberga a planta de Sogama.

 O actor Jeremy Irons

O programa da xornada contempla tamén a proxección do documental Trashed recentemente presentado no Festival de Cannes, seguido dun coloquio con Jeremy Irons, quen participa como actor e productor deste documental que aborda a problemática da xestión de residuos e as consecuencias medioambientais as que nos enfrentamos a nivel planetario.

Comentarios