A Axencia Tributaria leva abondosa documentación da morada de Conde Roa

A Axencia Tributaria rexistrou a morada do ex-alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa e após catro horas levou abondosa ocumentacións en dous vehículos. A xuíza Pilar de Lara, vén de ordenar a detención dun concelleiro en Compostela e tres funcionarios da administración local. A operación tería sido aberta a partir das investigacións da Operación Pokemon.
A Axencia Tributaria levou documentación
photo_camera A Axencia Tributaria levou moita documentación

Funcionarios de Aduanas rexistraron esta quinta feira o domicilio do ex alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa. O rexistro domiciliario desenvólveuse desde primeira hora da mañá no seo das investigacións abertas no decorrer da Operación Pokemon. A policía española bautizou as novas pesquisas baixo o nome de 'Manga'.

A xuíza titular da instrución, Pilar de Lara, chamou a declarar outras 12 persoas do concello de Lugo vencelladas a contratacións públicas presuntamente irregulares. Aliás. incautáronse correos electrónicos no Concello de Compostela e rexistrouse a sede de Acuagest, na que tería sido detido o seu xerente.  

Segundo diversas fontes tamén foron detidos o concelleiro de seguridade da cidade compostelá, Albino Vázquez Aldrey e o que fora asesor de Conde Roa, Ángel Espadas, quen renunciara á súa acta após ser sorprendido hebrio durmindo no seu vehículo perante un semáforo en 2011. Xunto a eles, axentes da policía española detiveron a un outro funcionario da administración local que estaría implicado en procedementos de contratación irregulares. As persoas detidas poderían pasar a disposición xudicial ao longo da mañá. 

Ás dúas do mediodía desta cuarta feira, varios axentes da Axencia Tributaria abandonaron o domicilio do ex-alcalde do Partido Popular. Portaban diversas caixas con abondosa documentación, porén Conde Roa permanecería aínda no interior da morada. 

Comentarios