A Audiencia non dá a razón á Fiscalía e fecha a porta á anulación de todos os contratos das preferentes

A sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña afirma que é "inexcusábel a análise de cada caso concreto". Deste xeito, fecharíase a porta á anulación de todos os contratos suscritos e a devolución integra dos aforros. A Fiscalía estuda hipotéticos vías alternativas.
Manifetsación contra as preferentes

A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso da Fiscalía do TSXG que avogaba pola nulidade colectiva das preferentes e subordinadas de NGB. Para a Audiencia, resulta "inexcusábel a análise de cada caso concreto" dos titulares deste tipo de produtos financeiros, polo que o Ministerio Fiscal "só ten lexitimación para a acción de cesación".

O auto rexeita a declaración de nulidade dos contratos de participacións preferentes solicitado pola Fiscalía, que permitiría aos afectados recuperar os cartos investidos en produtos híbridos.

Novas vías

Mais a Fiscalía semella non estar disposta a se render. Analiza se volver solicitar a nulidade colectiva, desta volta baseándose en xurisprudencia europea qque sinala que en caso de que haxa práticas abusivas reiteradas (algo no que entrarían as preferentes, entenden) o xuíz pode anular de oficio os contratos.

Comentarios