A Audiencia Nacional condena ao Estado español a parar a actividade de Ence

Nunha sentenza do 19 de abril o tribunal obriga ao Estado español a paralizar a actividade da pasteira por non posuír concesión para a "ocupación do dominio marítimo terrestre"

A Audiencia Nacional recolle na sentenza publicada que a factoría non solicitou os permidos debidos para continuar a desenvolver a súa actividade en Lourizán logo de se converter nunha empresa privada. 

Neste senso, o tribunal obriga ao Estado español a paralizar o traballo na pasteira. Porén, desde Ence manifestaron xa a súa vontade de recorreren o fallo ao aseguraren que a Audiencia "non entra no fondo" da súa instalación senón nunha cuestión "procedimental" derivada, din do "silenzo administrativo". Así, desde Ence afirman que a decisión adoptada polo tribunal español "non declara a nulidade da concesión" que podería ser ampliada --como coñecimos esta mesma semana-- para alén de 2018. 

A pasada quinta feira, o Congreso d@s deputad@s votaba a reforma da Lei de Costas prevista polo Goberno de Mariano Rajoy. Con esta mudanza lexislativa factorías como Ence poden ver ampliadas as súas concesións até 75 anos máis. 

Imaxa capa: PontevedraViva

Comentarios