A asemblea de traballador@s de FCC aproba o preacordo e desconvoca a folga

As negociacións entre sindicatos e a empresa permitiron un incremento salarial e a diferenza salarial entrea as quendas de semana e fin de semana.

Asemblea de FCC
photo_camera Asemblea de FCC

O servizo de recollida do lixo de Vigo non irá á folga. A asemblea aprobou por maioría o preacordo ao que chegaron os sindicatos e a empresa FCC, concesionaria do servizo. O documento, que terá unha vixencia de catro anos, remata coas diferenzas entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana. O presidente do comité, Rufino Santalices (CIG), explicou en conferencia de imprensa que o cadro de persoal amosouse moi satisfeito após que conseguise frear a intención da empresa de reducir salarios e incrementar a xornada laboral.

O acordo terá unha vixencia de catro anos, até 2016, e recolle un incremento salarial dun 0,5% o primeiro ano e dun 1% cada un dos seguintes, cunha cláusula de revisión do 1% con carácter retroactivo, “garantindo así o IPC real e o poder adquisitivo”. Paralízase tamén a intención da empresa de incrementar a xornada en 2,5 horas semanais e establécese un incremento para a cuarta paga extra, correspondente ao mes de setembro. Póñense fin, tamén, ás diferenzas existentes entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana. Haberá unha equiparación salarial e establécese que terán dereito a roupa da mesma calidade. A limitación para as retribucións por antigüidade (47%) que entrará en vigor a partir de 2017.

Comentarios