A Academia do Audiovisual publica as candidatas aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audivisual ven de facer públicas as candidatas que competirán ás distintas categorías dos premios Mestre Mateo que chegan a súa onceava edición. Un total de 129 produccións, desde longametraxes a videoclips, series, documentais ou programas televisivos forman parte da listaxe.
Eva Veiga en "A cicatriz branca"
photo_camera Eva Veiga en "A cicatriz branca"

No mes de febreiro darase a coñecer a listaxe definitiva de nomeados nas distintas categorías que optarán ao premio da Academia Galega que sairán das candidaturas agora aceptadas. Un total de 129 produccións forman parte desta primeira selección na que hai varias delas que teñen opción en máis de dez categorías. Catorce para filmes como A cicatriz branca de Margarita Ledo, Todo é Silencio de Cuerda ou Vilamor de Ignacio Vilar e 15 para O Sexo dos Anxos, de Xavier Villaverde. O apóstolo, recén nominada aos Goya pode entrar en nove categorías artísticas e técnicas.

Na páxina da Academia Galega do Audiovisual pódense consultar todas as candidatas aceptadas. Acceso directo premendo aquí. 

Comentarios