A Academia celebrará o Día das Letras nun escenario

No escenario do Teatro Principal de Compostela e coa escenografía de Criaturas sobre as táboas. Este é o marco escollido pola Real Academia Galega (RAG) para celebrar a homenaxe institucional a Roberto Vidal Bolaño o próximo día 17 o Día das Letras Galegas. 

Telón do Teatro de Santiago
photo_camera Telón do Teatro de Santiago

No Teatro Principal de Compostela acollerá o próximo día 17 ás 12 horas a homenaxe institucional que cada ano a Academia tributa a quen se homenaxea no Día das Letras Galegas. Desta volta, a figura do escritor, director, e actor entre outras moitas facetas de Roberto Vidal Bolaño conduciu a que o espazo escollido para a homenaxe sexa un teatro, as táboas que o autor tantas veces pisou. 

Do escenario do Principal non se moverán para a homenaxe a escenografía de Criaturas, a obra de Roberto Vidal Bolaño que se representa os días 16 e 17, despois de que BailadELAS ocupara o mesmo espao os días 13 e 14. Con Criaturas regresa ao escenario Teatro do Aquí, a última compañía de Vidal Bolaño mentres que en BailadELAS, a actriz Laura Ponte recupera Teatro Antroido, a compañía na que o autor iniciou o camiño da profesionalización. 

Unha hora antes, ás 11 da mañá, colocarase unha placa na casa de Compostela, no barrio de Vista Alegre, no que naceu Vidal Bolaño. 

Na víspera, no Salón Teatro de Compostela, a Consellaría de Cultura promoverá tamén un acto de homenaxe ás 18 horas, no teatro no que o autor foi velado. 

Comentarios