A A-8 ábrese despois dun novo feche por néboa no alto do Fiouco

Tráfico abriu de novo o tramo da A-8 no alto do Fiouco despois de tela pechado ás 20 horas do domingo. Tan só aguantara cen horas abertas ao tráfico despois de estar cortado desde o día 6 até a pasada cuarta feira. 

O alto do Fiouco abriuse de novo esta mañá despois de estar fechado desde este domingo ás 20:00 horas por néboa. O tramo da A-8 que xa estivera cortado desde o día 6 até a pasada cuarta feira volveu lucir as barreiras que impiden o acceso de vehículos por causa da falta visibilidade a causa da néboa. Só aguantara cen horas aberto até que ás 20 horas do serán do domingo volveu ser clausurada. 

O tramo está sometido a continuos cortes pola Dirección General de Tráfico despois  de que no mes de xullo do pasado ano un accidente múltiple a causa da néboa se saldase cunha morte e corenta persoas feridas tan só cinco meses de ser aberto ao tráfico. 

O domingo volveuse fechar tan só cen horas despois da súa apertura, ao rematar un novo período de prohibición do tráfico que se prolongaba desde o sábado até mediodía da cuarta feira. Con anterioridade, Tráfico emitira varios anuncios de precaución até, finalmente, decidir pasar a interromper a circulación no tramo que une os concellos de Abadín e Mondoñedo. 

Comentarios