A Policía Científica confirma que o accidente de Angrois deixou 78 mortes

A policía cientifica reduce en dúas o número de persoas que perderon a vida no sinistro ferroviario e sinala que quedan aínda seis corpos por identificar.

A identificación dos corpos haberá que a facer botando man das probas de ADN e demorará, polo menos, dous días. Aliás, son 83 as vítimas ingresadas, 32 delas en estado crítico.

O responsábel da coordinación das equipas na comisaría xeral da Policía Científica que traballan en Compostela, Antonio del Amo, confirmou en rolda de imprensa que son 78, e non 80, as vítimas mortais do accidente ferroviario rexistrado en Angrois ás 20.42h do 24 de Xullo. 

Dos corpos sen vida foron identificados debidamente 72 e para coñecer a identidade dos outros seis precísanse probas de ADN e o correspondente cotexo con mostras de familiares. Esta tarefa demorará, como mínimo, un par de días. A publicación da listaxe oficial de persoas falecidas demorará até que non estean practicadas todas as identificacións. 

A respeito das persoas feridas, catro delas recibiron a alta nas últimas horas. Son 83 as que fican hospitalizadas e, delas, 32 atópanse en estado crítico, entres elas tres crianzas.

Comentarios