8 de marzo: unha ollada de xénero e clase

Este 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres. Con motivo desta data publicamos un caderno monográfico arredor da transversalidade do pensamento feminista. Faite con el na nosa loxa

Capa_A_Fondo_SG87

O 8 de marzo é unha data sinalada na que pór o foco sobre os dereitos das mulleres, máis aínda, a respeito daqueles que están en cuestión. Aos embates da dereita neoliberal, que pega forte contra o conxunto da clase traballadora, súmanse os ataques reaccionarios e machistas contra a saúde sexual e reprodutiva das mulleres, a (re)produción de roles e estereotipos ou mesmo a adopción por parte das novas xeracións de comportamentos patriarcais que rachan coa vontade transformadora do movemento feminista. 

Con motivo deste 8 de marzo presentamos un caderno arredor dos dereitos das mulleres. Eses que, (de novo) na encrucillada, continúan a  situar a loita pola emancipación das mulleres no primeiro plano da axenda feminista. Mais non só. Este día tamén visa pular por un outro modelo social, económico e político non só alternativo senón verdadeiramente transformador. 

Neste senso, Acçom Rabuda fálanos desta data non como un día, senón como unha loita diaria. Da man do colectivo 8 de marzo non ñe un día, é toda umnha vida reclaman "querer máis" que unha data institucionalizada certas de que "podemos facer máis". Razón pola xuntan forzas para amosar como moitas mulleres da Galiza existen e traballan por unha sociedade non patriarcal. 

E é que o patriarcado e o machismo maniféstase para alén de baixo a forma de violencia física e/ou psicolóxica. Existe unha fina barreira entre a baixa e a alta intensidade das agresións que se manifestan acotío baixo a forma de micromachismos. Un aspecto no que o s feminismos están a pór moita atención en grande medida pola aceptación que destes están a asumiren as novas xeracións. A activista feminista e socióloga, Rocío Fraga alerta da "violencia encuberta" que existe cando saímos ao espazo público. 

Este día tamén visa pular por un outro modelo social, económico e político non só alternativo senón verdadeiramente transformador

E non é preciso irmos moi lonxe para vela. O colectivo Dexeneroconstrucción pon o acento na propia arquitectura e a "realidade material dos espazos que habitamos" onde din, se revela "unha maneira de entender o territorio: a pensada por e para o home". 

Bata por fóra, muller por dentro

Mais este 8 de marzo quixemos focar de maneira especial a atención na relación entre xénero e clase pois son as mulleres traballadoras as que están a viver (e combater) algunha das formas de violencia institucionalizada.

Desde a reforma laboral até a re-penalización do aborto botamos a ollada á situación das galegas desde unha perspectiva de clase. Da man de Margarida Corral, secretaria confederal das Mulleres da CIG e coas experiencias que de primeira man nos achega unha dupla páxina asinada pola xornalista Beti Vázquez. 

Bata(s) por fóra, muller(es) por dentro que reflicten como as vidas das obreiras, con batas ou sen elas, fican sometidas ao modelo económico. 

Podes mercalo xa, na nosa loxa. 

Comentarios