69 aniversario da liberación de Auschwitz: 111 galeg@s asasinad@s nos campos de exterminio nazis

O 27 de xaneiro de 1945 o exército soviético entraba no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Unha data chave para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, 111 galeg@s: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen

mauthausen

“A primeira patrulla rusa veu o campo no mediodía do 27 de xaneiro de 1945...”. Así lembraba Primo Leví en A Tregua o inicio do que ía ser a liberación de Auschwitz-Birkenau, o campo de concentración nazi cuxo nome pasou resumir o horror do inferno nacional-socialista e a ser sinónimo de holocausto.

Nesta segunda feira cúmprense 69 anos daquel día. Nas semanas seguintes, o Exército Roxo proseguiría o seu avance cara Berlín e iría liberando máis campos de exterminio. Estadounidenses e ingleses farían o propio no seu avanzo desde o oeste hacia a capital alemá.

Nos campos de exterminio deixaron a vida anti-fascistas de Viveiro, Carril, As Nogais, Mugardos, Ribadavia, Chapela, Vilasantar, Maceda, Vigo, A Coruña, Ferrol...

De Viveiro a Bueu. Das Nogais a Fisterra

Así, o 5 de maio de 1945 a 11º División do exército estadounidense entraba en Mauthausen, un conglomerado de campos de concentración situado na vila de ese nome en Austria. Cando os americanos entraron no campo este xa fora 'liberado' polos propios prisioneiros e atopáronse cunha faixa, en español, que daba a “benvida ás forzas libertadoras” en nome dos 'españois anti-fascistas'.

Nesta rede de exterminio que os nazis puxeron en funcionamento en Mauthausen estiveron presos centos de republicanos do Estado español. Entre eles, galegos. Segundo os datos de 'Triángulo azul: Los republicanos españoles en Mauthausen, 1940-1945', un total de 111 galegos morreron neste campo de concentración entre o 6 de agosto de 1940 e maio de 1945.

Os supervivintes lembraban con horror as escaleiras do campo: lonhas e empinadas, que tiñan que subir cargados de pedras. Nos seus chanzos reventaron milleiros de prisioneiros

42 destes galegos asasinados en Mauthausen eran naturais de vilas e cidades da provincia da Coruña, desde Ferrol e a cidade herculina a Mugardos, Fisterra, ou A Pobra do Caramiñal. Da provincia de Pontevedra eran 18 (Vigo, Carril, Bueu...). Outros 21 asasinados nese campo eran orixinarios de localidades de Lugo (Sarria, As Nogais, Viveiro...). E outros 21, de Ourense (A Veiga, Baltar...).

Dachau: o laboratorio dos experimentos con humanos

Mais non só en Mauthausen foron aniquiliados presos galegos, internados nese campo pola súa loita antifascista. En Dachau, outro campo sinistro, situado perto de Munich e dirixido por T. Eicke e onde se levaron centos de experimentos con prisioneir@s; foron asasinados 2 galegos: Santiago Durán (de Ribadavia) e Eliberto Fernández Cid (Augassantas). Por aquí pasaron 200.000 prisioneiros de 30 países.

No campo de Sanhsenhausen (en Brandenburgo) morreu o veciño de Vilaboa Antonio S. Nogueira. En Sanhsenhausen forona sasinadas por volta de 30.000 persoas.

Petición á Xunta de que investigase

En 2006 os tres grupos parlamentares aprobaron pedir á Xunta unha investigación sobre os galegos e galegas mortas en campos de exterminio nazis. Segundo apuntara naquela altura o BNG, un total de 119 persoas de Galiza pasaran por eses campos, 111 das cales morreran neles.
 

Comentarios