6 viaxes ensoñadas. 6 viaxes literarias. 6 viaxes AFONDO

Non todas as viaxes precisan do movimento. Moitas delas nacen da quietude. Outras, non, outras lévannos ao Vietnam, ao Mekong, ou á India. 6 viaxes ensoñadas. 6 viaxes literarias. Eis o novo AFONDO. Narracións de Marta Dacosta, Anxos Sumai, Lois Diéguez, Cesáreo Sánchez, Carlos Quiroga e María Reimóndez.

Capa AFONDO viaxes
photo_camera Capa AFONDO viaxes

Coordenado pola tamén escritora Mercedes Queixas e coa inestimábel achega da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a nova entrega de AFONDO bríndanos distintas experiencias viaxeiras a cargo dalgunhas das escritoras e escritores máis relevantes da nosa literatura.

A viaxe como experiencia e a viaxe como aprendizado. Desde a propria nación até Siria, Vietname, Chile ou a India. Narracións enfiadas todas desde a paixón polo coñecimento da Humanidade.

Como escrebe nunha das narracións María Reimóndez, as viaxes que de verdade importa "están na nosa man" e son as que se emprenden "sen moverse de ningún sitio físico". Esas viaxes son as que nos dan a oportunidade de "escoitar e sobre todo de aprender".

A descuberta do Amazonas, o rastrexo das pegadas deixadas por Ho Chi Minh ou o gozoso achado nas praias do norte da Coruña do mar de Compostela... Iso é o que contén este AFONDO. Para gozar e para non perder!!

Comentarios