28 nov@s parad@s sen prestación cada día en Galiza

O 44,5% d@s desempregad@s galeg@s non cobran xa ningún tipo de prestación. Son 121.000 persoas. Unha realidade que, xunto coa progresiva redución da rede de protección, sitúa o risco de exclusión no día a día de centos de familias.

Hai en Galiza 120.778 persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación. Son o 44,5% d@s parad@s rexistrad@s nas oficinas de emprego. Unha realidade que golpea milleiros de familias e fogares. En só un ano, de decembro de 2012 a ese mesmo mes de 2013, a cifra aumentou en 10.150 persoas. Unha media de 28 cada día. No Estado español o 62 por cento d@s parad@s recibiron algunha prestación. Na Galiza esa porcentaxe cae até menos dun 55 por cento.

Na Galiza a porcentaxe de parad@s sen prestación é o 45%, mentres que no Estado é o 37%

"Perdes o teu emprego e vas para o paro. Sabes que, como moito, tes dereito a dous anos de prestación. Hai crise, polo que o de atopar traballo, esquéceo. Pasan os dous anos e acabouse, quedas sen nada. A pedir axudas de caridade".

Toda a información sobre este asunto no número 84 de Sermos Galiza, xa nos quiosques e tamén disponíbel na nosa loxa.


 

Comentarios