Desde este 25 de Xullo, o Sermos Galiza estará nos quiosques todas as quintas feiras

O semanario Sermos Galiza adianta a súa data de publicación. Pasa das sextas ás quintas feiras. O primeiro número en saír a quinta feira será o desta semana, o número 57, en pleno Día da Patria Galega. A cuarta feira á noite xa se poderá descarregar na loxa!

Sermos Galiza, 56
photo_camera Sermos Galiza, 56

O Sermos Galiza número 57 sairá ao encontro das súas e dos seus leitores esta quinta feira, xusto o día en que milleiros de persoas tomarán as rúas de Santiago de Compostela para conmemorar o Día da Patria Galega 2013.

Este número será, alén do máis, unha entrega especial do Sermos Galiza, acrecentado con 8 páxinas máis, até completar as 40, 8 delas constituídas por un AFONDO monográfico dedicado a analisar polo miúdo os distintos ollares cos que se ve este Día da Patria Galega desde o soberanismo galego.

Comentarios