Usuari@s das antigas caixas estudan emprender accións xudiciais contra os responsábeis da “desfeita”

Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos (Aducab) analiza en asemblea emprender varias demandas.Hai unha "necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75.000 millóns de euros en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas"

banca
photo_camera banca

Que a desfeita resultante da fusión das caixas galegas non fique sen castigo. Ese é un dos obxectivos de Aducab,  Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos . Este colectivo realiza o vindeiro 21 de maio en Ourense unha asemblea xeral, xuntanza na que un dos puntos a tratar será a de “iniciar accións xudiciais contra os responsábeis” do que aconteu no sistema financeiro galego.

“A proposta formulase en base a que tense detectado que a situación a que ditas Caixas chegan é como resultado da conspiración artillada por persoas coñecidas, con responsabilidades nos feitos e con evidentes beneficios espurios”, sinalan nun comunicado.

Relanzamento

Aducab nace no ano 98 en Vigo coa intención de promover unhas finanzas éticas e defender os socios dos abusos cometidos polas entidades financeiras.

A asociación, indican, “relanzase neste momento pola evidente necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75.000 millóns de euros, en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas, e pedir responsabilidades os directivos destas e tamén os responsábeis políticos das mesmas”.

Comentarios