A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) organiza en Lugo, no Museo Provincial, co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo as Xornadas Internacionais de Economía Comprendermos a Crise. Iniciadas nesta sexta feira, este sábado seguirán a pasar polo micro distint@s relator@s galeg@s mais tamén internacionais, que revisarán non só as causas e consecuencias da realidade económica actual senón que achegarán alternativas que encamiñen a economía cara a unha saída xusta e social da crise.
As intervencións poden seguirse en directo en Sermos Galiza, e o programa está pendurado na seguinte ligazón.