xoves 09.04.2020

A Europol di que está a investigar "o terrorismo" de Resistencia Galega

Malia non haber ningunha sentenza en firme que así o determine nin ter sido ningunha persoa nin xulgada nin condenada por pertenza, esta marca que o ministerio de Interior español e a imprensa dan en chamar "organización terrorista" aparece máis un ano no informe anual da policía europea


A organización Resistencia Galega "mantivo un número semellante de ataques terroristas entre 2011 e 2012". Dío o último informe da Europol, a oficina europea da policía, que atribúe á actividade deste colectivo "danos á propiedade de carácter menor" en propiedades de titularidade estatal e sedes de partidos políticos.

Malia non achegar proba ningunha da existencia mesma da organización, máis aló das catro accións que lle pode atribuír directamente porque foron reivindicadas no seu nome (entre 2010 e 2011), no diario ABC fregaron as mans.

A cabeceira conservadora e monárquica, que nas últimas semanas publicou varias informacións realizadas sen citar ningunha fonte máis aló dun xenérico "expertos antiterroristas" e nas cales criminaliza o movemento independentista galego e a súa contorna, desde  o sindicalismo combativo até o "ecoloxismo radical" pasando polos refrescos de cola e mesmo polas propias familias [email protected] [email protected], fíxose tamén eco do informe da Europol e leva ao titular un dado que non aparece por ningures: que Resistencia Galega "é unha ameaza" e "o único grupo terrorista que se mantén en activo en España".

Con todo, cómpre lembrar que non existe aínda ningunha sentenza firme en que se fale desta organización como "terrorista" e non hai ningunha persoa que fose xulgada por "pertenza". 

comentarios