Os xulgados na Audiencia Nacional por pertenza a Segi denuncian “montaxe política”

Os mozos e mozas que foron xulgadas en 2014 na Audiencia Nacional por pertenza a Segi advirten de que ficou demostrado que todo o procesamento foi unha “montaxe política”. Así o salientan após ficar todos e todas en liberdade.

En setembro de 2014, un total de 28 mozos e mozas foron acusadas por pertenza a Segi. No día de hoxe as persoas xulgadas pola Audiencia Nacional celebraron en Gasteiz que se atopan todos e todas en liberdade, algo que explica, segundo aseguraron, que o procesamento foi “unha montaxe política”.

En maio de 2015, a Audiencia Nacional condenou sete dos acusados a penas de seis anos de prisión e absolveu as outras nove persoal. Os sete acusados entraron na cadea mais en novembro o Tribunal Supremo modificou a condena para anular cinco das penas e para rebaixar as outras dúas de seis a dous anos de cárcere.

Nunha conferencia de imprensa, Ainhoa Villaverde, unha das condenadas ás que o Supremo lle rebaixou a pena a dous anos, denunciou esta mañá que “non había probas que motivaran a acusación”. Aproveitou a súa comparecencia para criticar a actitude do Estado español e do francés dada “a situación de bloque que se vive en Euskal Herria”.

Comentarios