Un xulgado suspende de forma cautelar á ‘chupinera’ vetada polo Goberno español

Pide ao concello de Bilbao que xustifique o nomeamento de Jone Artola, após o recurso presentado pola Avogacía Xeral que recorre a súa elección.

manifestación presos
photo_camera manifestación presos

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de Bilbao aceptou a trámite o recurso presentado este venres pola Avogacía Xeral para impedir que Jone Artola sexa a ‘chupinera’ das festas da Aste Nagusia, segundo informa o diario ‘Naiz’. A decisión foi promovida polo delegado do Goberno na Comunidade Autónoma Vasca, Carlos Urquijo, nunha nova mostra do estado de excepción que o Estado español aplica en Euskal Herria.

O PP considera que o nomeamento de Artola, membro do colectivo de familiares de presos de ETA Etxerat e fundadora da comparsa Txomin Barrote, podería vulnerar a Lei de Recoñecemento e Reparación ás Vítimas do Terrorismo. Por este motivo, o xulgado decretou unha suspensión da ‘chupinera’ durante tres días, ata que o concello de Bilbao xustifique a elección.

A decisión próduce logo de que outro xulgado, neste caso de Gasteiz, decidira anular o nomeamento de Pablo Gorostiaga, agora encarcerado tralo macrosumario de 2007, como pregoeiro do concello de Laudio, do que fora alcalde. 

Comentarios