Unir Durango e Iruñea polo dereito a decidir do pobo basco

A iniciativa nacional, Gure Esku Dago convoca unha cadea humana a prol do dereito a decidir.

 

A data será o 8 de xuño de 2014 e Gure Esku Dago, a plataforma polo dereito a decidir constituída en Euskal Herria, chama á cidadanía a "acumular forzas" da maneira "máis ampla, plural e transversal posíbel" para congregar o maior número de persoas arredor desta iniciativa. O obxectivo é desenvolver unha cadea humana que una as localdiades de Durango e Iruñea (123 km) nun acto en que visan reunir máis de 50.000 persoas.

A iniciativa procura unir arredor do dereito a decidir distintos proxectos e sensibilidades polo que chaman á cidadanía a "acumular forzas"

No acto de presentación da campaña que procurará unir arredor desta iniciativa "diferentes sensibilidades", estiveron presentes algúns dos mesmbros da plataforma entre eles o músico Kepa Junkera, o director de Berria, Martxelo Otamendi ou o profesor da UPV Periko Ibarra. 

Desde que Gure Esku Dago botou a andar son "centos" os cidadáns que se sumaron á iniciativa, aseguran @s promotor@s, se ben, lanzaron un chamamento á cidadanía para que "desenvolver un exercicio de activación popular o máis amplo, plural e transversal posíbel" á fin de unir arredor do "dereito a decidir" distintos proxectos e sensibilidades. 

"Queda en mans da cidadanía", aseguran desde a iniciativa social, "provocar a multiplicación e acumulación de forzas" a prol da "necesidade, idoneidade e lexitimidade do dereito a decidir en diferentes ámbitos", apuntaron. 

Comentarios