Sortu: ''O problema non é ETA senón España e a súa natureza franquista"

O dirixente da esquerda abertxale Pernando Barrena destacou en rolda de imprensa que chegou a hora de "liberarse do défice democrático" do Estado español.

barrena
photo_camera [Imaxe: Naiz]


Após dous anos do cesamento da actividade armada decretado por ETA, o portavoz de Sortu, Pernando Barrena, compareceu este 24 de novembro en rolda de imprensa para destacar que, neste tempo, o que quedou acreditado é que "o problema non é ETA, nin a esquerda abertzale, nin este país; o problema é España e a súa natureza franquista e antidemocrática".

Barrena, que se presentou perante os medios con dúas botellas de auga baleiras e co número 28, os mesmos días que levan en folga de fame @s pres@s vasc@s encarcerad@s no centro penitenciario de Sevilla II, dixo que son horas de se "librar" do "défice democrático" do Estato español e denunciou a "ofensiva da ultradereita española" contra a soberanía de Euskal Herría.

Ao entender do dirixente abertzale, o proceso de liberación nacional vasco está "nunha fase decisiva" e quen se opoña a el debe colocar riba da mesa "argumentos democráticos que España non ten" pois as únicas respostas que, dixo, coñece Madrid son "o non permanente e a represión". Os dous anos de cesamento do fogo "evidencian a grande mentira que o españolismo pretendía colar" pois a cidadanía vasca "non coñece aínda a paz e a normalización política" malia a organización pousar as armas.

Comentarios