O Tribunal Constitucional español legaliza Sortu pola mínima

Un dividido Tribunal Constitucional legaliza finalmente a formación da esquerda abertzale por un voto de diferenza

O Tribunal Constitucional vén de legalizar Sortu, a marca da esquerda abertzale ilegalizada no seu momento dentro da vaga de prohibicións que a xustiza española encetara contra as formacións indepentistas de Euskal Herria. Segundo fontes citadas polo xornal El País, tan só un voto de diferencia permitiu a legalización, aínda que varios maxistrados emitirán votos particulares a esta decisión, por ser contrarios á mesma.

Creado en febreiro de 2011 Sortu adscribíase ideolóxicamente á denominada esquerda abertzale,e desde o propio intre da súa fundación foi considerada herdeira da ilegalizada Batasuna. O 23 de marzo de 2011, a Sala Especial do Tribunal Supremo estimou as demandas da Avogacía do Estado e do Ministerio Fiscal e denegóu a inscrición de Sortu no Rexistro de Partidos, por consideralo sucesor de Batasuna e non desvencellado da organización armada ETA.

Comentarios