@s ex-pres@s de ETA escenifican o apoio á nova estratexia da esquerda abertzale

@s ex-reclus@s da organización armada adhírense en Durango ás conclusións do debate de EPPK (Colectivo de Pres@s Polític@s Vasc@s) e chaman á cidadanía a rachar o bloqueo de España e Franza en materia penitenciaria.

presos eta
photo_camera Foto: Naiz

@s pres@s vasc@s que saíron en liberdade após a anulación por Estrasburgo da Doutrina Parot tiñan unha cita en Durango. Máis de 70 ex-reclusos acudiron a esta vila bizkaitarra para mostrar o seu apoio á nova estratexia da esquerda abertzale e respaldar o comunicado do EPPK. Unha aposta pola paz, como sinalaron desde o colectivo. Mais este acto estivo a piques de non se poder realizar. Só media hora antes da hora que se prevía comezaa a rolda de imprensa, desde a Audiencia Nacional chegou a nova de que autorizaba o acto.

"Aceptamos a nosa responsabilidade nas consecuencias do conflito"

Estanis Etxaburu e Arantza Garbaio tomaron a palabra en representación dos mediadores do EPPK, informan en Naiz, e fixeron un chamamento a tratar as excarcelacións de presos “con visión positiva e construtiva”. Sinalaron que a temática d@s pres@s vai ser fulcral na axenda política e social de Euskal Herria neste 2014. De feito, o vindeiro sábado hai convocada en Bilbo a tradicional macro-mobilización do mes de xaneiro a favor dos dereitos d@s pres@s vasc@s. A do ano pasado reuniu a máis de 115.000 persoas.

Posteriormente, Itziar Martínez e Antxon López falaron en nome dos ex-pres@s que se deron cita en Durango e mostraron a súa “total conformidade” coas decisións do EPPK e ratificaron o “compromiso total co novo escenario político aberto após a iniciativa da esquerda abertzale”.

Sinalaron que “aceptamos toda a nosa responsabilidade no relativo ás consecuencias do conflito”. @ expres@s piden “responsabilidade” a todas as partes e chaman á cidadanía a se implicar para rachar co inmobilismo penitenciario dos estados español e francés.

Comentarios