Otegi pasa unha hora na casa polo pasamento da súa sogra

Ao líder independentista basco foille concedido un permiso extraordinario após o falecemento da súa sogra. 

Otegi
photo_camera Imaxe @ArnaldoOtegi

Arnaldo Otegi estivo este domingo en Elgoibar. Após catro anos privado de liberdade nunha prisión de Logroño, o líder independentista basco foi trasladado ao seu domicilio familiar por orde de Institucións Penitenciarias. Otegi recibiu un permiso extraordinario polo pasamento da súa sogra Julia Gorrotxategi Osoro. Se ben, non puido asistir ao enterro. 

Arnaldo Otegi estivo acompañado en todo momento por axentes da Ertzaintza de paisano. Através da conta que posúe na rede social Twitter e que é xestionada por familiares e amizades, Otegi difundiu unha imaxe súa co lema "unha hora na casa despois de catro anos".

O líder basco foi detido e encarcerado en 2009 por impulsar mudanzas na estratexia da esquerda abertzale. Unha sentenza ditada pola Audiencia Nacional española e coñecida como caso Betaragune, que sería ratificada polo Tribunal Supremo en 2012 após un recurso de casación interposto polos avogados da defensa. 

Comentarios