Otegi aposta por un proceso vasco “de liberación” sen pedir permiso ao Estado

O líder abertzale pensa que “hai que rachar co concepto clásico de negociación xa que España non ten vontade”, nunha entrevista que publica Berria, en euskera.

Arnaldo Otegi nun acto público
photo_camera Arnaldo Otegi nun acto público

O secretario xeral de Sortu e líder histórico da esquerda abertzale, Arnaldo Otegi, concedeu desde o presidio onde leva cinco anos unha entrevista ao diario en éuscaro Berria, na que defende que “chegou o momento de comezar un proceso de liberación para Euskal Herria sen o acordo do Estado español”.

Otegi aposta por "deixar atrás o clásico esquema de negociación" que la esquerda abertzale manexou sempre, xa que “non existe vontade no Estado español de implicarse na solución do conflito” e, por contra, cre que “está utilizando a axenda para gañar tempo".

Lonxe

Segundo o dirixente encarcerado, “Euskal Herria anda lonxe dos procesos soberanistas de Catalunya e Escocia”. “Para chegar a ese punto é indispensábel poñer en marcha un debate popular para debuxar e construír o proxecto independentista e de esquerdas do século XXI"

Comentarios