Unha multitude marcha en Bilbo contra a dispersión d@s pres@s de ETA

Milleiros saíron á rúa para pedir o traslado d@s reclus@s, nunha mobilización na que o Hasier Arraiz, de Sortu, manifestou o convencemento de que “superarán os muros dos gobernos español e francés”.

eh-crop
photo_camera Manifestación en Bilbo / Naiz

Miles de persoas manifestáronse polas rúas de Bilbo, convocados pola rede Sare, para reclamar o fin da dispersión d@s pres@s de ETA. Pouco despois das 17.30 horas, dúas columnas de manifestantes partiron, ao mesmo tempo, do Concello de Bilbao e da Casilla para confluír na Praza Zabalburu, precedidos por furgonetas de 'Mirentxi', as que transportan a familiares de presos nas visitas ás cadeas.

Na mobilización, que discorreu baixo o lema de "Euskal Presoak Euskal Herrira ahora, now, maintenant, orain! (Os presos vascos a Euskal Herria agora)', participaron, entre moit@s, o presidente de Sortu, Hasier Arraiz, ademais doutr@s dirixentes da coalición, como Matibi Ugarteburu e Niko Moreno.

Dous familiares de pres@s tomaron a palabra e @s participantes alzaron "luces para amosar ao mundo que queren que @s encarcerad@s estean aquí e agora". 250 autobuses acudiron á capital biscaíña e a mobilización contou coa colaboración duns 700 voluntarios.

Hasier Arraiz, de Sortu, afirmou ante a prensa estar convencido de que se logrará o final da dispersión dos presos de ETA "por riba dos muros que impoñan os Gobernos español e francés".

Comentarios