Morre o preso basco Iosu Uribetxeberria

Faleceu na súa casa en Arrasate por mor dun cancro terminal.

Iosu Uribetxeberria Bolinaga finou esta madrugada na súa vivenda a causa da enfermidade que padecía e pola que foi excarcerado en agosto de 2012. 

A Uribetxeberría fóralle diagnosticado en 2005 un cancro de ril con metástase. Naquela altura solicitara xa a excarceración por razóns de saúde mais non lle fora concedida. Após ser trasladado en 2012 ao Hospital de Donostia para recibir tratamento, procedente da prisión de León na que cumpría condena polo secuestro de Ortega Lara, encetou unha folga de fame. 

O preso demandaba "un tratamento digno" por parte do Estado español para as persoas que, coma el, se atopan privadas de liberdade e doentes. "Non pido nada especial, só un tratamento xusto", sinalou nunha entrevista concecida ao diario basco Gara/Naiz. "É inaceptábel que se manteñan 14 presos gravemente enfermos nun corredor da morte carcerario", denunciou. 

O seu xexún foi partillado por máis de 500 pres@s, entre @s que se atopaba Arnaldo Otegi. Unha mostra de solidariedade que se sumou a múltiples actos fóra dos penais. O 30 de agosto o xuíz cental de Vixianza Penitenciaria da Audiencia Nacional española aceptou a petición de liberdade por "razóns humanitarias". Unha decisión que se formalizou a comezos do mes de setembro

Comentarios