Milleiros claman por outro modelo económico en Euskal Herria

As organizacións sindicais tildan de "existosa" a greve xeral e aseguran que supón "un grande impulso" cara á "batalla pola alternativa"

Greba Orokorra
photo_camera [Imaxes Naiz.info]

Milleiros de persoas participaron das mobilizacións transcorridas polas rúas das principais cidades do país nunha xornada de loita que contou con máis do 70% de seguimento --segundo fontes sindicais.

Dirixentes de LAB e ELA destacaron a "rotunda resposta" da clase traballadora "aos ataques dos poderes políticos e patronais" e consideraron as masivas manifestacións "un grande impulso" para comezar a "batalla pola alternativa". 

Máis de 85.000 persoas plantan cara "ao goberno de Madrid" e a "elite económica vasca"
Bilbo, Donostia, Gasteiz e Iruñea acolleron masivas mobilizacións na mañá desta quinta feira. Ao berro de "Non é unha crise, é capitalismo", milleiros ateigaron as rúas das principais cidades contras políticas neoliberais e a perda de dereitos da clase traballadora.

Nas intervencións d@s dirixentes sindicais @s secretari@s xerais de LAB e ELA acusaron a PNV, PSE e PP de contribuír á "destrución social sistemática que se está organizando" ao tempo que denunciaron a súa participación na sesión parlamentar que acolleu a Cámara de Gasteiz malia a greve. 

ELA e LAB exixiron unha "reforma fiscal estrutural" para redistribuir a "riqueza xerada polos traballadores"

As centrais sindicais advertiron @s líderes destas formacións que "si hai alternativa" ás políticas de recortes, "a caída salarial e a destrución das condicións do traballo". Adolfo Muñoz (ELA) e Ainhoa Etxaide (LAB) exixiron unha "urxente" reforma fiscal estrutural que permita "empregar a riqueza que existe" e que "foi xerada polos traballadores" para "mellorar os servizos públicos" porque "aquí", salientou Etxaide "hai unha masa social" --en referencia á masiva mobilización de Gasteiz-- o de "non obedecer ao goberno de Madrid" e "plantarse", dixo, "perante as exixencias da elite económica vasca". 

A greve, convocada polas centrais sindiacais ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE, Hiru e CXT-LKN e CNT e @s representantes de máis de medio cento de colectivos sociais rematará con mobilizacións convocadas para esta tarde en 70 vilas e cidades de Hego Euskal Herria.  

Comentarios