Geroa Bai lidera un "goberno do cambio" en Nafarroa

Plazaberri Barañain
photo_camera [Imaxe Plazaberri Barañain]

Os resultados electorais das autonómicas en Nafarroa supuxeron un fito histórico. Por vez primeira desde 1979 unha alternativa a PSN-PSOE e UPN-PP podería liderar o executivo foral. 

Segundo a distribución de escanos Geroa Bai (9), EH-Bildu (8), Podemos (7) e Izquierda-Ezkerra (2) poderían conformar unha coligazón que tire da cadeira a UPN (15), PSN (7) e PP (2). 

Neste senso, a cabeza de lista de Geroa Bai, Uxue Barkos, está liderar as conversas das que, agardan, frutifique un novo tempo para Nafarroa e que inclúen a todas as organizacións políticas con representación de menor a maior número de escanos. As primeiras foron Izquierda-Ezkerra e Partido Popular para, deseguido, continuar con Podemos. 

Desde Geroa Bai aseguran que escoitarán a todas as formacións mais deixan claro que UPN e PP non farán parte do "goberno do cambio". A segunda forza máis votada non foi tan taxativa á hora de excluír PSN-PSOE do novo executivo. Uxue Barkos sinalou que malia non seren precisos os seus votos para conformar goberno "teñen a porta aberta para traballar polo cambio desde a lealdade". 

Ora ben, EH-Bildu e Podemos xa deixaron claro que @s socialistas non poden pular por un novo tempo. 

Comentarios