A Garda Civil detén unha ducia de persoas en Euskal Herria

O instituto armado desenvolveu unha operación na que resultaron detidas 16 persoas, entre elas unha ducia de avogad@s. Acúsaas de "integración en organización terrorista" e delitos contra a Facenda Pública.

LAB_EiTB
photo_camera [Imaxe EiTB]

Por volta das 7:00 da mañá a Garda Civil despregou un operativo en diversas localidades bascas en que resultaron detidas 14 persoas, entre elas 12 avogad@s e o senador de Bildu Iñaki Goioaga quen, no entanto, non foi apresado pola súa condición de aforado. 

Tamén, as avogadas de Inés del Río Amaia Izko e Ainhoa Baglietto  que levaron a Estrasburgo a aplicación ilegal da 'doutrina Parot'

Segundo informa o diario dixital Naiz entre as persoas arrestadas atópanse, aliás, divers@s avogad@s que esta segunda feira (12 de xaneiro) se atopaban en Madrid como defensa no macroxuízo contra militantes da esquerda abertzale que ten lugar na Audiencia Nacional española. 

Entre as ordes de detención atópase a do senador de Bildu, Iñaki Goioaga quen non foi arrestado pola súa condición de aforado

A operación da Garda Civil produciuse un día despois da multitudinaria manifestación decorrida en Bilbo a prol dos dereitos humanos e das persoas presas. 

Segundo recollen as axencias de noticias españolas as persoas arrestadas estarían acusadas de pertenza "a organización terrorista" e diversos delitos contra a Facenda pública. Algúns medios tamén apuntan cara á unha operación contra "a fronte de cárceres" nun operativo dirixido ao denominado polas autoridades xudiciais españolas como "contorna de ETA". Neste senso, desenvolvéronse senllos rexistros nas oficinas d@s avogad@s así como na sede do sindicato LAB, en Bilbo. 

Unha 'operación' anunciada

A operación xa fora anunciada no mes de xuño polo ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz. Así o recollían en Gara. O diario basco sinalaba naquela altura que fontes do Ministerio aseguraran a xornalistas que estaban a preparar unha acción contra a solidariedade económica das persoas presas. 

Desde EH Bildu o parlamentar Julen Arzuaga tildou a operación como unha resposta "miserábel ás demandas de dereitos humanos e ansias de paz" do pobo basco. Tamén o deputado de Amaiur no Congreso español, Sabino Cuadra, asegurou en declaracións aos medios de comunicación é "unha resposta do goberno español á manifestación do sábado". "Un ataque" dixo, "á paz e a liberdade".

#35akLibre

A sala do penal da Audiencia Nacional española que xulgaba esta segunda feira a militantes da esquerda abertzale pola súa actividade política ficou finalmente suspenso após a detención de 3 avogadas que desenvolvían a defensa de 16 das persoas xulgadas. 

Todas as persoas encausadas ás que lles foi detida a defensa sinalaron ao tribunal que preferían manter "o seu avogado de confianza". 

Comentarios