Fiscalía investiga se institucións vascas incorreron en delito por non gardar dó por Adolfo Suárez

O fiscal estuda a instancias da Delegación do Goberno español se hai indicios de delito no Concello de Donosti e Deputación de Gipuzkoa por non ''respectar'' o dó oficial.

O fiscal superior do País Vasco demandou explicacións ao Concello de Donosti e Deputación de Gipuzkoa (ambas gobernadas por Bildu) por non gardaren o dó oficial polo pasamento o pasado 23 de marzo do ex-presidente español Adolfo Suárez.

Juan Calparsoro, o fiscal, investiga a instancias da delegación do goberno español en País Vasco se hai indicios de delito neste comportamento das dúas institucións vascas, pois é, apuntan, un incumprimento dun doo oficial. Calparsoro quere saber, segundo apuntan diversos medios, por que o concello donostiarra e a deputación guipuscoana non izaron a bandeira a medio pau durante os días de doo pola morte de Suárez.

O fiscal está á espera das explicacións dodeputado xeral de Gipuzkoa (Martín Garitano) e do alcalde de Donosti (Juan Karlos Izagirre) para determinar se actuaron penalmente ou non.

Incumprir un real decreto

O delegado español en País Vasco, Carlos Urquijo, foi o que pediu á Fiscalía se o feito de que esas institucións non puxesen a bandeira a medio pau era un incumprimento dun real decreto (que ditaba esa media).

Comentarios