A fiscalía da AN pide prohibir a marcha polos dereitos d@s pres@s de ETA

O xuíz Ruz rexeita prohibir o acto mais deixa a última palabra a Eloy Velasco.  A Fiscalía alega que a iniciativa cidadá Tantaz Tanta, organizadora da manifestación, está vinculada ao colectivo Herrira, cuxas actividades a Audiencia Nacional suspendeu en outubro de 2013.

tantaz
photo_camera [Imaxe da presentación da marcha: Naiz]


A fiscalía da Audiencia Nacional pediu ao xuíz Pablo Ruz que prohiba a realización da marcha anual contra a dispersión e en prol dos dereitos d@s pres@s vasc@s. Argumenta que a iniciativa cidadá Tantaz Tanta, organizadora do acto deste sábado 11 de xaneiro, está vinculada ao colectivo Herrira de apoio a familiares dos e das presas, cuxa actividade o tribunal español suspendeu en outubro de 2013 após prender 18 activistas.

A petición da fiscalía baséase nun informe da Garda Civil que demostraría "de maneira acreditada e xustificada", din, a vinculación entre Tantaz Tanta e Herrira. Destaca a AN que desta volta o documento non sería coma outros anteriores "en que se remiten oficios plagados de convicións policiais sen baseamento fáctico algún".

O fiscal Carlos Bautista transladou así a petición de prohibición da marcha que realizaron tres organizacións de vítimas de ETA. Insiste en que Tantaz Tanta é Herrira e que "non se pode consentir a celebración da manifestación dunha organización da cal indiciariamente se presume o seu carácter terrorista".

A mobilización está apoiada por entidades sociais, organizacións culturais, músic@s, escritor@s, sindicatos, formacións políticas, colectivos veciñais, entidades deportivas, plataformas internacionalistas e até sacerdotes e grupos de cristiás e cristiáns de base. Con todo, Izquierda Unida, Equo e Batzarre xa se desvincularon a comezos desta semana, apostando na mesma solución que propón o PP para o conflito vasco: a vía Nanclares.

Comentarios