Euskal Herria realizará en abril a primeira consulta popular sobre a súa independencia

A veciñanza do concello de Etxarri-Aranatz votará o 13 de abril se queren ou non unha Euskal Herria independente. Esta consulta popular, a primeira que se fai en País Vasco sobre a independencia, nace con vontade de "dar a palabra á cidadanía" e de ser secundada en máis vilas e cidades.

Topagunea_2006_Etxarri_Aranatz
photo_camera Encontro xuvenil en Etxarri

Etxarri-Aranatz é un pequeno concello no norte de Nafarroa, a uns 40 km de Iruña. Con apenas 2.500 habitantes, esta vila euskalduna e gobernada por Bildu (a esquerda abertzale tivo o 64% dos votos e posúe 7 concelleiros por 3 de Nafarroa Bai e 1 do PP) vai ser a primeira de Euskal Herria en realizar unha consulta popular pola independencia. A veciñanza de Etxarri-Aranatz votará o 13 de abril sobre esta cuestión, transitando así o camiño que varios concellos cataláns impulsaran hai uns anos (referendos na veciñanza sobre a independencia) e que derivaron no actual proceso soberanista.

@s propi@s veciñ@s decidirán en asemblea o 4 de xaneiro cal será a pregunta a responder na consulta de abril

A consulta está organizada e convocada por unha plataforma cidadá, A13, para “profundizarmos nos valores propios dunha democracia, na convivencia entre a veciñanza e na participación da cidadanía e a dignificación da opinión dos cidadáns”. Etxarri-Aranatz vai ser o primeiro concello vasco que se pronunciará sobre a independencia a través dunha consulta popular.

A pregunta

O 4 de xaneiro desenvolverase nesta vila unha asemblea de veciñ@s na cal se vai concretar a pregunta da consulta. Segundo informa Naiz, representantes da plataforma inciden en que con esta vía queren coñecer “cal é a opinión dos habitantes sobre a independencia dunha maneira natural”.

Comentarios