EH Bildu presentou Euskal Bidea, a 'Vía vasca'

A coalición inicia con este proxecto o seu propio proceso soberanista e anima á cidadanía vasca a participar perante a inacción dos Estados español e francés

[Imaxe: NAIZ]
photo_camera [Imaxe: NAIZ]

EH Bildu presentou esta fin de semana Euskal Bidea, a 'Vía vasca'. Acompañad@s por representantes dos movementos sociais e xuvenil, a coalición fixo público un documento que visa alcanzar consensos entre a sociedade vasca á fin de construír "a casa vasca". 

Neste senso, desde EH Bildu salientaron a importancia de "dar protagonismo á cidadanía" e aos axentes políticos até @s converter en suxeitos activos do proceso. Asemade, Euskal Bidea emana do compromiso de "priorizar a política construtiva", asegurou Pernando Barrena en comparecencia de imprensa, promover a pluralidade e priorizar o respecto mutuo e a solidariedade entre @s divers@s axentes. 

O documento editado non ten por obxecto, matizan desde a coalición, xerar un espazo de debate senón de posicionamento e compromiso  coa construción nacional e salientan que manterán a súa proposta "sexa cal for" a resposta doutras forzas. 

A presentación de Euskal Bidea prodúcese no décimo quinto aniversario da sinatura dos Acordos de Lizarra Garazi que recollían a declaración de paz de Irlanda do Norte, entre os puntos, o recoñecemento da natureza política do conflito por ambas as dúas partes. 

 

Comentarios