A coalición Euskal Herria Bildu presentou en Donostia ao equipo de goberno da candidata a lehendakari Laura Mintegi. Once persoas procedentes de diferentes sectores e traxectorias políticas.No acto deuse a coñercer que EH Bildu prantexa un goberno composto por once consellerías, algunhas delas novedosas, como a de Soberanía Alimentar (que substituiría a Pesca, Agricultura e Consumo), Liberdades Cidadáns (en troques de Interior) ou Xustiza Social.
Tamén se anunciou que a vicelehendakari sería Beatriz Ilardia, baixou cuxa responsabilidade ficarían áreas como igualdade de oportunidades ou mocidade.
Cómpre lembrar que no Euskobarómetro presentado esta mesma semana, EH Bildu sería a segunda forza (tras o PNV), atinxindo o 25% dos votos e 22 deputad@s